"Somos unha fábrica competitiva, temos futuro e imos defender os empregos en Alcoa até o final"
Miles de persoas maniféstanse na Coruña en contra do peche da fábrica de aluminio
A CIG chama a participar na manifestación deste sábado contra o peche de Alcoa
A protesta sairá ás 11 horas dende a Praza da Palloza e irá até a Delegación do Goberno
Intenso calendario de mobilizacións nas auxiliares para esixir a incorporación dos acordos no convenio
Até o 6 de novembro haberá accións de protesta e manifestacións e, se non hai acordo, folga dende o día 7
A CIG propón a creación dunha tarifa industrial estábel e predicíbel para as empresas con grandes consumos eléctricos
O anuncio de peche de Alcoa demostra a necesidade de ter unha regulación máis xusta e equitativa
A CIG denuncia a fraude do referendo sobre o convenio colectivo en Ferroatlántica
Advirte que o texto que votou o persoal difire do borrador asinado entre comité e empresa
A patronal provincial teima en manter o conflito nas auxiliares ao impor condicións inasumíbeis
Remata sen acordo a xuntanza entre as partes, que ficaron convocadas a un novo encontro o 6 de novembro
CIG-Industria esixiu ante a sede da patronal Asime que aclare a situación real do naval vigués
Insiste en negar os datos triunfalistas sobre a suposta recuperación do naval e solicita unha reunión á patronal
A loita incansábel do persoal fai posíbel atinxir un acordo para a recuperación dos dereitos na industria auxiliar
CIG-Industria empraza a patronal a asumir a incorporación do documento no convenio provincial
Denuncian o trato de favor de PSA-Citroën á central amarela SIT-FSI na campaña das eleccións sindicais
Alertan do uso dun vehículo de uso interno para a recollida de material electoral do sindicato pro-empresa
CIG-Industria cualifica de “campaña de desinformación” da patronal a suposta recuperación do sector naval de Vigo
Denuncia o “negocio” dos fondos para formación tras as falsas expectativas xeradas a multitude de desempregados/as
Convocan paros en GRI Towers Galicia tras o bloqueo da empresa á negociación de xornada e salarios
A factoría de fabricación de torres eólicas, situada no Carballiño, emprega por volta de 350 operarios/as
A CIG en PSA-Citroën centra a campaña das eleccións sindicais no combate aos abusos e á perda de dereitos
A renovación do actual comité de empresa, no que a CIG conta con 2 delegados/as, terá lugar os días 21 e 22 de outubro
O persoal de Valoriza Auga segue adiante cos paros laborais en demanda dun convenio digno
Presentada denuncia na Inspección pola modificación das quendas de dous operarios
Sectores produtivos relacionados coa federación
Metal
Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.
Químicas e enerxía
Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.