O comité de Forvia en Ourense convoca unha manifestación en defensa do emprego

Ourense -
Este xoves día 5 dende a Casa de Chocolate ás 19:00 horas

A CIG mobilizarase contra a perda de poder adquisitivo e polo mantemento do emprego en Iberdrola

Ourense -
Desenvolverá unha concentración este venres día 6 diante da sede da empresa na Rúa de Valdeorras ás 11:00 horas

Empse Group presenta un ERE para despedir a todo o seu persoal

Ferrol -
A empresa, auxiliar do naval e da eólica mariña, alega causas produtivas

Confírmase o recorte nas pensións ao non recoñecerse a xubilación anticipada nin garantirse os coeficientes nos traballos máis penosos

Nacional -
A CIG critica o RD 402/2025 “no que perdemos dereitos” e que o Goberno insista na vulneración dos dereitos de participación institucional da central galega

Sen avances na negociación colectiva en Navantia pola actitude da dirección

Ferrol -
Dende a sección sindical da CIG lamentan que a empresa insista en propostas que a parte social xa rexeitou

O Tribunal Supremo ratifica a condena á empresa ourensá Revi por obrigar a traballar en fin de semana

Ourense -
A sentenza fixa unha indemnización para as persoas traballadoras demandantes

A CIG renova a súa maioría no servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro

Vigo -
As candidaturas da central fixéronse con 3 dos 5 representantes no comité de Veolia

O siderometal de Ourense toma as rúas por un convenio digno

Ourense -
Centos de persoas traballadoras participaron na manifestación para reclamar salarios xustos e unha redución de xornada

CIG-Industria alerta da situación de incerteza na que se atopan os 49 traballadores e traballadoras de Tórculo Comunicación Gráfica

Compostela -
A empresa ten que se disolver o vindeiro día 23 de maio por resolución xudicial

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.