O persoal do Diario de Pontevedra: “A vosa avaricia tamén é noticia!”

Pontevedra -
Traballadores/as do xornal manifestáronse polas rúas da cidade por unhas condicións de traballo dignas

Bershka obriga ás traballadoras a recorrer á xustiza para que se recoñeza o seu dereito a conciliar

Compostela -
A CIG-Servizos denuncia que é un problema xeneralizado en todas as cadeas de INDITEX

O 100% do persoal de limpeza da Cidade da Cultura colga as fregonas para secundar a folga

Compostela -
Concentráronse diante do edificio da Xunta, en San Caetano, en demanda de condicións dignas

Paro total na primeira xornada de folga no local de Pizzerías Cambalache no Marineda

A Coruña -
A folga repetirase todos os sábados de decembro se non hai avances por parte da empresa

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.