- « Primeiro
- « Anterior
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- Seguinte
- Último »
As traballadoras de SAF e de residencias de maiores suman forzas para reclamar condicións laborais dignas
A ausencia de servizos mínimos no SAF obrigou ás propias traballadoras a autoorganizarse para atender ás persoas máis vulnerables
O PP opta pola manipulación informativa e rexeita a ILP por unha CRTVG ao servizo do pobo
Centos de persoas concentráronse ás portas do Parlamento de Galiza para reclamar unha televisión galega, pública, plural e democrática
A CIG reclama a participación de Política Social e da Inspección de Traballo na elaboración do protocolo de seguridade nos SAF
Na xuntanza celebrada hoxe a instancias da FEGAMP a central tamén demandou a activación das negociacións do convenio colectivo do sector
O comité de Urbaser Compostela volve denunciar a falta de cobertura das baixas e os medios insuficientes
A FEGAMP fixa unha xuntanza para elaborar un protocolo contra a violencia no sector de axuda a domicilio a petición da CIG
Na central sindical consideran que a reunión chega tarde e agarda que na mesa de traballo estean representadas todas as partes
A sección sindical da CIG entrégalle á dirección de Vegalsa-Eroski centos de sinaturas contra a sobrecarga de traballo
Convocan novas mobilizacións e recollidas de sinaturas en defensa do convenio de hostalaría da Coruña
As centrais sindicais denuncian soldos que apenas superan o SMI, xornadas abusivas e falta de descansos
A CIG convoca catro días de folga nas residencias de maiores e nos SAF
Reclama o desbloqueo das negociacións dos convenios para dignificar as condicións laborais e esixe un protocolo que garanta a seguridade do persoal
A CIG denuncia o abandono institucional do persoal do SAF de Carballo tras unha alerta sanitaria por hepatite A
O SERGAS remitiuno á mutua da empresa concesionaria, que se negou a atendelo alegando que se trata dun problema de saúde pública
Persoal de Eroski e Familia mobilízase en Vigo contra a sobrecarga laboral e por unha mellora salarial
As protestas fan parte da campaña de mobilizacións que ten en marcha a CIG-Servizos para reclamar unhas condicións dignas no grupo Vegalsa
Persoal do sector da hostalaría da provincia da Coruña clama por unhas condicións dignas
Os sindicatos denuncian que a patronal mantén paralizada a negociación do convenio e pretende recortar dereitos, como o complemento de IT
As traballadoras de SAF colgan masivamente as súas batas para exixir “xustiza”
Claman contra o silencio das administracións e exixen un protocolo que garanta a súa seguridade
Traballadoras de Eroski-Familia denuncian en Ribadeo a sobrecarga laboral e reclaman salarios dignos
Concentráronse diante da tenda da localidade en demanda de condicións laborais e salariais dignas
- « Primeiro
- « Anterior
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- Seguinte
- Último »
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.
Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.