Persoal do comercio de alimentación mobilízase contra os intentos de Gadis de perseguir o dereito á folga

A Coruña -
A empresa presentou unha demanda reclamando 1.250.000 euros, contía que considera que deixou de gañar durante os paros

Convocada concentración contra a pretensión de Gadis de perseguir o dereito á folga

A Coruña -
A empresa presentou demanda para que se lle pague o que deixou de ganar durante as exitosas xornadas de paro no comercio de alimentación da Coruña

Persoal do transporte de mercadorías mobilízase en Compostela en demanda dun convenio provincial digno

Santiago de Compostela -
As centrais sindicais critican a negativa da patronal a garantir salarios dignos e negociar a mellora das condicións laborais

O TSXG desestima o recurso do Concello de Cariño e confirma que segue sen executar a sentenza que obriga a negociar a RPT

Cariño -
Dende a CIG denuncian os constantes incumprimentos da normativa laboral e administrativa

O persoal de Intacta estudará as medidas a levar adiante contra as represalias da empresa

As Somozas -
A subcontrata de Sogarisa nas Somozas cambiou ao convenio de residuos e non ao de químicas despois da folga, rebaixándolle ademais a categoría aos traballadores

A CIG alerta da grave situación laboral no SAF de Valdoviño, con atrasos continuos no pago das nóminas

Valdoviño -
O cadro de persoal de Atendo desenvolverá unha concentración diante este xoves día 9 diante do Concello ás 11:30 horas

A CIG mobilizarase polo despido dun delegado da empresa Pérez Torres Marítima en Ferrol

Ferrol -
Desenvolverá unha concentración diante do SMAC este venres 10 ás 10:30 horas

Convocadas protestas no transporte de mercadorías da provincia da Coruña tras a ruptura das negociacións do convenio

A Coruña -
As centrais sindicais desenvolverán unha primeira concentración no polígono da Agrela o xoves 9 de xullo ás 11:00 horas

A CIG inicia en Ferrol a campaña en defensa dos postos de traballo en Mercadona

Ferrol -
A central reclama información sobre a implantación do novo modelo ‘Tenda 9’ e as consecuencias que terá sobre os postos de traballo e as condicións laborais

As asembleas de persoal aproban o preacordo para o convenio do metal da Coruña ao acadarse os obxectivos marcados

A Coruña/Ferrol/Compostela -
A CIG pon en valor que foi a unidade e a firmeza na loita de todo o sector o que permitiu rachar co inmobilismo patronal e acadar substanciais melloras

A CIG demándalle responsabilidade á patronal para que o luns presente unha proposta que permita pechar o conflito no metal

A Coruña/Ferrol/Compostela -
Na mediación deste venres do convenio da Coruña producíronse avances mais seguen a ser insuficientes para desconvocar as xornadas de folga

A CIG convoca mobilizacións en defensa do emprego en Mercadona ante a implantación dun novo modelo comercial

Nacional -
Desenvolverá protestas en Narón, Vigo e Ourense para reclamar información sobre as consecuencias que terá para o persoal o formato ‘Tenda 9’

O Goberno municipal de Fene expresa o seu apoio as reivindicacións do persoal de Veolia-Viaqua

Fene -
O comité intercentros está desenvolvendo unha rolda de contactos cos concellos que teñen o servizo de auga concesionado coa empresa, de cara á folga do 30 de xuño