A CIG rexeita a pretensión do SERGAS de prestar parte do transporte sanitario non urxente a través de asociacións ou taxis

Santiago -
Alerta do impacto que tería no emprego esta medida que afonda no deterioro do servizo público

O persoal da conserveira Thenaisie mobilizarase se non se acepta unha oferta de compra que garanta o emprego

O Grove -
Este xoves manterá unha reunión coa administradora financeira e cun inversor interesado na adquisición

O comité de Vitrasa iniciará unha campaña de protestas ante os incumprimentos da empresa e do Goberno local

Vigo -
Desenvolverá concentracións este venres no Concello e na compañía, na estrada de Camposancos

A CIG esixe o pago dos salarios ao persoal da estación de servizo de Rabisco Oil en Ferrol

Ferrol -
Os traballadores acordaron iniciar mobilizacións de non regularizarse o pago das nóminas

A FGAMT-CIG do Salnés intensifica os contactos na busca dun comprador para a conserveira Thenaisie

O Grove -
Para a central a solución pasa por atopar un grupo inversor galego e evitar a liquidación da empresa

Denuncian que algunhas empresas dos buses de Santiago teñen persoal en ERTE mentres superan o aforo permitido

Santiago -
A FGAMT-CIG reclama o reforzo do servizo urbano e de cercanías, o que permitiría contratar condutores/as

O xulgado recoñece a relación laboral entre a empresa SADA e o persoal falso autónomo que traballa nos seus matadoiros

Lugo -
Novo revés contra a fraude masiva na contratación a través da falsa cooperativa Servicarne

A FGAMT-CIG de Pontevedra presentará denuncias contra unha descarga ilegal de peixe no porto de Marín

Marín -
Reclama a paralización do buque implicado e que se depuren responsabilidades na Autoridade Portuaria e na empresa

O comité de Vitrasa reclama o mantemento dos servizos hixiénicos para uso do persoal de condución

Vigo -
Remitiulle un escrito ao Concello de Vigo alertando da súa retirada inminente por parte da empresa

Adolfo Domínguez vai aplicar un novo ERTE sen aceptar as propostas do persoal

Ourense -
A CIG de Ourense reclámalle á empresa que non prolongue a duración desta medida

Xulgado decreta medidas cautelares obrigando a empresa de ambulancias do 061 do Barbanza a realizar test a todo o seu persoal

Nacional -
A raíz das demandas presentadas pola CIG nas áreas nas que aínda non se fixeron estas probas

Traballadores e traballadoras de ambulancias protestan nas bases para esixir que se fagan test a todo o persoal

Nacional -
A CIG presentou demandas nos xulgados do Social pedindo medias cautelares

Recoñecida a relación laboral do persoal que durante anos traballou como falso autónomo en Novafrigsa

Lugo -
Prestaban servizos na empresa (do Grupo Coren) a través da falsa cooperativa Servicarne

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).