Condenan o Concello de Vigo por incumprimentos en prevención de riscos no servizo de bombeiros

Vigo -
A sentenza obriga a Administración local a atender os requirimentos da Inspección de Traballo en materia de seguridade e saúde laboral

O persoal de Copo Galicia anuncia un calendario de mobilizacións por un pacto de empresa con melloras laborais

Mos -
Desenvolverá concentracións diante do centro de traballo de Mos dende este mércores día 27 até o venres 5 de xuño

A CIG denuncia na Inspección de Traballo o uso fraudulento das horas complementarias en Correos na provincia de Pontevedra

Vigo -
Só en 2025 abonáronse máis de 13.000 horas, o que supón que 16 persoas traballadoras poderían ter pasado a xornada completa

Paro total na recollida do lixo de Vigo ao inicio da folga indefinida por un convenio digno

O cadro de persoal de FCC mobilizouse hoxe diante do Concello, mentres que para este martes ten convocada unha manifestación ás 11:30 horas

FCC insiste en recortar a xubilación parcial na recollida do lixo de Vigo, que segue adiante coa folga indefinida

Vigo -
A empresa concesionaria ofrece tamén unha suba salarial do 5% en catro anos, mentres que o persoal reclama unha actualización de soldos a IPC

A CIG-Servizos inicia unha campaña para reclamar a municipalización do SAF de Tomiño

Tomiño -
Aposta por aproveitar a derradeira prórroga coa concesionaria -que acumula numerosas irregularidades- para que o Concello asuma a xestión directa

Amplo seguimento da folga no comercio do metal pontevedrés para reclamar a volta ás negociacións do convenio

Vigo -
Centos de persoas traballadoras percorreron hoxe as principais rúas de Vigo en manifestación para reclamar unhas condicións laborais dignas

Galiza pola Paz chama a unha manifestación masiva en Vigo o 30M contra o desfile militar

Vigo -
A mobilización sairá dende Vía Norte ás 12:00 horas baixo o lema ‘Paz e soberanía. Nin guerra, nin OTAN nin gastos militares. Non ao desfile militar’

O comercio do metal da provincia de Pontevedra vive este xoves un novo día de folga para forzar a negociación do convenio

Vigo/Pontevedra -
As rúas de Vigo acollerán unha nova manifestación dende o farol de Urzaiz ás 12:00h que rematará na praza da Estrela, a carón do edificio da Xunta

O metal pontevedrés rexeita na rúa o convenio pactado por CCOO, UGT e a patronal

Vigo -
A folga convocada pola CIG está a ter unha incidencia importante no sector nunha xornada na que varios milleiros de persoas mobilizáronse en Vigo

A CIG mantén a folga no metal da provincia de Pontevedra este martes 19 para rexeitar o preacordo de convenio

Vigo/Pontevedra -
A asemblea de persoas traballadoras decidiu tamén suspender os outros días de paros previstos á espera do que fagan o resto de sindicatos

A CIG urxe a convocatoria da mesa de negociación do convenio de elaborados do mar

Vigo -
Denuncia que máis de dous meses depois de rematar as conversas cun preacordo entre CCOO, UGT e a patronal o texto aínda non foi asinado

A CIG rexeita o preacordo de convenio do metal de Pontevedra porque “había forza para conquistar moito máis”

Vigo/Pontevedra -
O pactado este venres por CCOO e UGT coa patronal non atende as principais reclamacións do sector que motivaron as convocatorias de folga