A CIG volve mobilizarse diante de Abanca en Salvaterra esixindo a readmisión da delegada despedida

Salvaterra -
A central denuncia que se trata dun caso de represión contra a representante do comité provincial de Pontevedra pola súa actividade sindical

Paro total no metal da provincia de Pontevedra na primeira das seis xornadas de folga en demanda dun convenio digno

Vigo/Pontevedra -
Centos de piquetes percorreron os polígonos industriais dende primeira hora da mañá e milleiros de persoas mobilizáronse nas cidades

O metal da provincia de Pontevedra convoca seis xornadas de folga por un convenio digno

Vigo/Pontevedra -
As centrais anunciaron hoxe paros e mobilizacións para este xoves 7 e para os días 13, 14, 19, 20 e 21 ao constatar a “nula vontade” da patronal de pactar melloras laborais tras 13 xuntanzas

Folga e mobilizacións contra os despedimentos e o acoso laboral en SCANIA Ponteareas

Ponteareas -
A representación do persoal ten convocada unha semana de paros e unha manifestación este xoves día 30 para esixir a dimisión do xerente

A CIG reclama medidas de protección reais para as persoas traballadoras no Día Mundial da Saúde Laboral

Nacional -
A central desenvolveu unha concentración diante do Concello do Porriño para esixir responsabilidades polo asasinato da compañeira do SAF

A CIG aproveitará o Día da Saúde Laboral para esixir asunción de responsabilidades polo asasinato no SAF do Porriño

O Porriño -
Convoca unha concentración diante do Concello este martes 28 ás 11:30 horas

Denuncian despidos en Just Eat Takeaway para deslocalizar labores de coordinación a Polonia

Vigo/A Coruña -
A empresa de comida a domicilio vai aplicar un ERE para 60 persoas no conxunto do Estado que afectará a 4 persoas na Coruña e a 3 en Vigo

Stellantis discrimina o persoal de Vigo negándolle a paga de rendemento que si vai abonar na fábrica marroquí de Kenitra

Vigo -
A sección sindical da CIG demanda unha xuntanza urxente do comité de empresa na que acordar unha fronte común para reclamar o incentivo

Asínase o convenio do comercio vario da provincia de Pontevedra tras incorporar melloras laborais

Pontevedra -
A CIG-Servizos ratificou o documento ao establecer unha suba salarial digna con revisión a IPC e unha redución substancial da xornada

Folga no metal e no comercio do metal da provincia de Pontevedra ante o intento das patronais de precarizar os convenios

Vigo/Pontevedra -
A CIG convoca unha xornada de paro o xoves 7 de maio para reclamar melloras laborais que dignifiquen as condicións do persoal

A CIG-Industria aposta polo conflito ante as propostas insuficientes da patronal do metal da provincia de Pontevedra

Vigo/Pontevedra -
Convoca unha concentración diante da sede da organización empresarial ATRA en Vigo o martes 21

O 60% persoal de Unísono secunda a folga por melloras laborais, o cese das presións e os erros constantes nas nóminas

Vigo -
En campañas como a de Abanca o seguimento da folga acada o 80%

Folga en Unísono Vigo en demanda de melloras laborais e para rematar coa “presión asfixiante” sobre o persoal

Vigo -
O comité de empresa do centro de chamadas, que hoxe desenvolveu concentracións diante da empresa, convoca un día de paro de 24 horas para este mércores 15