Ferroatlántica négase a arrancar os fornos, garantir emprego e futuro ás fábricas e formula prorrogar o ERTE
Tamén rexeitou retirar os recursos contra a resolución da Xunta, a quen a central demanda implicación
A CIG rexeita as pretensións de Poligal de liquidar a fábrica de Narón e chama a participar nas mobilizacións
Este sábado hai concentración ás 12:00 horas diante do Concello
CIG-Industria presenta aos grupos parlamentares as súas propostas para o sector de automoción
Valora positivamente as xuntanzas cos representantes políticos
A CIG obtén a maioría absoluta nas eleccións sindicais da empresa Crown Food de Ribadumia
A federación de Industria de Pontevedra logrou 6 dos 9 delegados/as do comité
A CIG pídelle a Ferroatlántica que reactive os fornos e garanta emprego e produción para iniciar as negociacións
A empresa refírese ao custe da enerxía e a materia prima, pero obvia as concesións de centrais e minas
A CIG remítelle ao Goberno por cuarta vez a proposta dunha tarifa industrial e esixe participar no debate sobre as electrointensivas
Carril reitera a necesidade de que se poñan en marcha solucións efectivas e inmediatas
O 26 de febreiro será un día histórico para o persoal das auxiliares: os acordos integraranse no convenio de maneira indefinida
O CGRRLL confirmou a data da ratificación dos acordos entre a parte social e a nova asociación patronal
A CIG reclama a implicación da Xunta e que faga valer as cláusulas concesionais das centrais para frear o ERE de Ferroatlántica
A central pídelle a Conde que presione para que se negocien os expedientes en cada fábrica
A CIG rexeita o ERTE de Ferroatlántica e reclama unidade sindical para defender os intereses da Costa da Morte
A sección sindical das fábricas de Cee, Dumbría e as centrais alerta que está en xogo o futuro da comarca
CIG-Industria esixe a execución inmediata dos contratos das fragatas e insta a Navantia a traballar polo contrato con Barreras
Fai un chamado a organizacións sindicais e políticas para pedir, de maneira unánime, carga de traballo
O persoal de Vulcano esixe unha solución inmediata á crise do estaleiro vigués
Reclama o desbloqueo do único barco para poder cobrar salarios pendentes e salvar industria auxiliar
"O conflito de Alcoa segue vivo e temos que continuar presionando o Goberno para esixirlle solucións urxentes"
Entrevista a Julio Moskowich e Abraham Amado, delegados da CIG en Alcoa A Coruña
O persoal de Alcoa advírtelle á ministra que seguirá presionando o Goberno para que busque solucións
Maroto descarta que o Estado, a través da SEPI, controle transitoriamente as fábricas
Sectores produtivos relacionados coa federación
Metal
Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.
Químicas e enerxía
Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.