Buscar novas

Búscao nunha data (escoller mes e ano)
Filtros
Filtros hemeroteca (anterior 2016)

 

Despregan unha pancarta de 90 metros cadrados na fachada do Hospital Clínico na primeira xornada de folga en Ambuibérica

En Vigo houbo concentración de delegados/as diante da dirección provincial do SERGAS
Compostela
061 ambuibérica ambulancias FGAMT-CIG folga SERGAS
Traballadores/as de Ambuibérica secundaron este martes a primeira xornada de folga en demanda do cumprimento do convenio colectivo e en denuncia da falta de persoal, do exceso de horas, de salarios por debaixo do que contempla o convenio, falta de limpeza e deficiente desinfección da uniformidade. Coincidindo coa folga mobilizáronse en varias áreas sanitarias e no Hospital Clínico compostelán chegaron a despregar, desde o tellado, unha enorme pancarta de, nin máis nin menos que 90 metros cadrados.

Ler máis »

 

A Xunta de Persoal de Urxencias Sanitarias 061 rexeita o traslado á Estrada e a fusión cos servizos non sanitarios

A Consellaría de Presidencia anunciou a futura xestión integrada dos distintos números de urxencia e emerxencia
A Coruña
061 A Estrada emerxencias
A Xunta de Persoal de Urxencias Sanitarias 061 volve manifestar o seu rexeitamento ao traslado á Estrada, mais tamén ao anuncio feito na prensa o pasado 14 de xuño pola Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no que se informaba da futura integración de organismos ou servizos de atención ás emerxencias. Esta fusión, alertan, “levaría consigo o desmantelamento do 061 tal e como está concibido”.

Ler máis »

 

Convocada folga en Ambuibérica os días 21 e 23 de xuño en demanda do cumprimento do convenio colectivo

Haberá mobilizacións o día 21 en Compostela e Vigo e unha mobilización nacional o 23
Compostela
ambuibérica FGAMT Compostela folga
A FGAMT-CIG anunciou esta mañá en rolda de prensa a convocatoria de folga, para os días 21 e 23 de xuño, en Ambuibérica, empresa concesionaria do servizo de transporte sanitario urxente do 061. Unha folga en demanda do cumprimento do convenio colectivo e para denunciar a falta de persoal, o exceso de horas, salarios por debaixo do que contempla o convenio e falta de limpeza e desinfección da uniformidade.

Ler máis »

 

O sector de ambulancias, en loita por un convenio digno

Traballadores/as percorreron as rúas de Compostela nunha manifestación nacional para rexeitar a precariedade
Compostela
ambulancias convenio fgamt manifestación
Traballadores e traballadoras do sector de ambulancias das empresas concesionarias que operan en Galiza percorreron este martes as rúas de Compostela con bombos, petardos e megáfonos para proclamar, a viva voz, “Ambulancias en loita por un convenio digno”. A mobilización nacional, convocada pola FGAMT-CIG, vén precedida por múltiples concentracións e manifestacións en denuncia dos constantes incumprimentos do convenio vixente até o de agora.

Ler máis »

 

A CIG iniciará mobilizacións no sector das ambulancias para esixir un convenio xusto

A central convoca tamén dous días de folga nas bases xestionadas por Ambuibérica ante os incumprimentos en materia laboral
Vigo
ambuibérica ambulancias convenio FGAMAT-CIG folga manifestación
A FGAMT-CIG anunciou hoxe que iniciará mobilizacións no sector das ambulancias para reclamar un convenio colectivo xusto e denunciar que as conversas para a súa renovación permanecen paralizadas pola actitude intransixente da patronal. Ao mesmo tempo, a central ten convocadas dúas xornadas de folga nas bases que xestiona Ambuibérica para rexeitar os constantes incumprimentos en materia laboral por parte da empresa.

Ler máis »

 
Mércores, 9 Setembro 2015

CIG-Saúde denuncia que o recorte de horarios no servizo de helicópteros do 061 limita a súa operatividade para atender urxencias

O helicóptero non estivo dispoñíbel por ter rematado o seu horario, ao longo do verán, para avisos de afogamentos, paradas, accidentes ou o tráxico suceso no rally de Carral

Compostela
Social Saúde Nacional CIG-Ensino 061 urxencias helicóptero

Os helicópteros da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061 teñen recortada, desde o mes de marzo deste ano, a súa operatividade a tan só 12 horas. A CIG-Saúde denuncia que isto está a limitar a súa dispoñibilidade para atender urxencias nas que, se cadra, non se evitaría un fatal desenlace pero para as que si se porían ao alcance todos os medios dispoñíbeis. Segundo persoal do propio 061, o recorte da operatividade a determinadas horas do día vense repetindo ao longo deste verán para avisos de urxencias como paradas cardíacas, afogamentos ou mesmo no recente accidente do rally de Carral.

Ler máis »

 
Venres, 26 Xuño 2015

A Xunta outorga máis do 50% do concurso de ambulancias a un fondo de capital risco dun exalcalde e exdeputado provincial do PP

O BNG demandará no Parlamento a paralización do concurso e que se analice se a oferta económica garante un servizo de calidade do transporte sanitario urxente en Galiza

Compostela
Laboral FGAMT Nacional BNG ambulancias Parlamento FGAMT-CIG concurso

O representante da FGAMT-CIG, Xabier Aboi, e a deputada do BNG, Montse Pardo, comparecían este venres en rolda de prensa para denunciar as irregularidades no proceso de adxudicación do Servizo de Transporte Sanitario Terrestre Urxente. Un concurso que está xa en fase de adxudicación e que irá a parar, en máis dun 50%, a Ambuibérica, empresa participada maioritariamente por un fondo capital-risco que ten á fronte a un exalcalde e exdeputado provincial do PP en Valladolid.

Ler máis »

 
Martes, 12 Maio 2015

Os traballadores de Ambulancias do Eume acordan suspender as horas extras en protesta polos atrasos salariais

A empresa, que presta o servizo do 061 en Pontedeume, Ares, Mugardos e Monfero, está en concurso de acredores

A Coruña
Laboral FGAMT Ferrol 061 atrasos salariais FGAMT-CIG Ambulancias do Eume transporte sanitario

A FGAMT-CIG compareceu este martes en rolda de prensa para informar da situación laboral que están a padecer os traballadores de Ambulancias do Eume, que presta o servizo do 061 en Pontedeume, Ares, Mugardos e Monfero. O persoal sufre continuos atrasos no cobro dos salarios e nestes momentos a empresa –que está en concurso voluntario de acredores- ten pendente de pagarlle as nóminas de xullo, agosto, setembro e outubro do pasado ano.

 

 

Ler máis »

 
Mércores, 25 Marzo 2015

A Xunta aplica outro recorte na asistencia sanitaria ao limitar a 12 horas a operatividade dos helicópteros do 061

CIG-Saúde denuncia que o Goberno do PP confunde “a eficiencia na xestión dos recursos públicos coa redución dos mesmos”

A Coruña
Social Saúde Nacional CIG-Saúde consellaría de Sanidade emerxencias 061 recortes sanidade pública helicóptero

A CIG-Saúde alerta que, por primeira vez na historia dos helicópteros sanitarios (encargados de actuar en situacións de emerxencias sanitarias) non estarán activos dende a saída do sol até o ocaso, senón que por mor do novo contrato, pasarán a ter unha operatividade de 12 horas, “o que supón unha perda de operatividade para situacións de emerxencias de 394 horas ao ano”. 

Ler máis »

 
Martes, 24 Marzo 2015

Técnicos de emerxencias sanitarias trasládanlle aos grupos parlamentarios a necesidade dunha ambulancia medicalizada no Salnés

As xuntanzas celebráronse en Santiago no marco da campaña da FGAMT-CIG de Pontevedra para esixir maior cobertura no transporte sanitario público

Vigo
Social FGAMT Pontevedra

Técnicos/as de emerxencias sanitarias trasládáronlle hoxe aos catro grupos políticos con representación no Parlamento galego a necesidade de que a comarca do Salnés conte cunha ambulancia medicalizada. As xuntanzas celebráronse hoxe en Santiago de Compostela no marco da campaña da FGAMT-CIG de Pontevedra para esixir maior cobertura no transporte sanitario público.

Ler máis »

I feel so free!