Buscar novas

Búscao nunha data (escoller mes e ano)
Filtros
Filtros hemeroteca (anterior 2016)

 

Persoal do 112 e do 061 entrega na Valedora do Pobo 11.238 sinaturas contra o traslado dos servizos de emerxencias á Estrada

Esta tarde tiveron unha xuntanza –solicitada desde o mes de marzo- cos concelleiros de Presidencia e Sanidade para ter, por fin, información sobre esta cuestión
Compostela
061 112 traslado valedora do pobo
Representantes dos comités de empresa do 061 e do 112 entregaron este mércores, á Valedora do Pobo, un total de 11.238 sinaturas que foron recollidas en apenas un mes, en contra do traslado dos servizos de emerxencias, tanto do 112 como do 061 ao concello da Estrada. Esta tarde celebraban ademais xuntanzas cos conselleiros de Presidencia e Sanidade para ter, por fin, información pormenorizada sobre esta cuestión.

Ler máis »

 

Ambuibérica segue incumprindo o convenio e contrata traballadores/as en prácticas cun 60% do salario

Os traballadores e traballadoras concentráronse esta mañá diante do Hospital Clínico de Santiago para exixir condicións laborais dignas e a intervención do Sergas e do 061
Compostela
ambuibérica ambulancias FGAMT-Compostela
Os traballadores e traballadoras de Ambuibérica seguen a mobilizarse por unhas condicións dignas no sector das ambulancias e en demanda de que esta empresa cumpra o estipulado no convenio colectivo. Por iso esta mañá concentráronse diante do Hospital Clínico de Santiago, para exixir a intervención do SERGAS e da Fundación 061 que, denuncian, “son perfectamente coñecedores do estado deplorable das bases e de algunhas ambulancias e de que non hai o persoal necesario en cada base, o que redunda nun exceso de horas de traballo”.

Ler máis »

 

Delegados/as da CIG nas ambulancias protestan diante de Ambuiberica en Vigo polos incumprimentos da empresa

Denuncian que a firma, que xestiona as Urxencias do 061 en varias zonas do país, non aplica o convenio no referente á saúde laboral
Vigo
ambuibérica ambulancias convenio FGAMT-CIG protesta saúde laboral vigo
Arredor de 150 delegados/as da FGAMT-CIG no sector das ambulancias desenvolveron esta mañá unha protesta diante de Ambuiberica en Vigo para denunciar o incumprimento do convenio por parte da empresa, sobre todo en materia de saúde laboral. A compañía, que xestiona as Urxencias do 061 en varias zonas do país, presenta deficiencias á hora da desinfección e lavado dos uniformes e das bases.

Ler máis »

 

A FGAMT de Compostela anuncia que se chegou a acordo con Ambupadrón S.L e denuncia que Ambuibérica segue incumprindo o convenio

Convocan unha concentración diante da entrada principal do Hospital Clínico de Santiago, este martes, día 26 de abril, ás 10:30 horas
Compostela
ambuibérica ambulancias ambupadrón FGAMT Compostela
Tras varias xornadas de mobilizacións e presión social sobre Ambupadrón SL a semana pasada a empresa e os representantes dos traballadores/as chegaron a un acordo que garante o cumprimento do convenio colectivo en materia de xornada e salario. Este acordo súmase a outro idéntico que xa se tiña asinado con Ambulancias Casablanca, SL. Ambos os dous abranguen ás bases que estas empresas teñen en Santiago, Arzúa, Ordes, Padrón, Noia, Boiro, Mazaricos e Ribeira.

Ler máis »

 

Traballadores/as das ambulancias do 061 de Compostela maniféstanse en Padrón en demanda do cumprimento do convenio colectivo

Acádase un acordo con Ambulancias Casablanca
Compostela
061 ambulancias fgamt Padrón
Os traballadores e traballadoras do sector das ambulancias de emerxencias do 061 da área sanitaria de Santiago de Compostela manifestáronse novamente este xoves 7 e marzo, nesta ocasión en Padrón, para denunciar as presións e o acoso laboral que sofren por parte de algunha das empresas por reivindicar o cumprimento do convenio colectivo.

Ler máis »

 
Mércores, 9 Setembro 2015

CIG-Saúde denuncia que o recorte de horarios no servizo de helicópteros do 061 limita a súa operatividade para atender urxencias

O helicóptero non estivo dispoñíbel por ter rematado o seu horario, ao longo do verán, para avisos de afogamentos, paradas, accidentes ou o tráxico suceso no rally de Carral

Compostela
Social Saúde Nacional CIG-Ensino 061 urxencias helicóptero

Os helicópteros da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061 teñen recortada, desde o mes de marzo deste ano, a súa operatividade a tan só 12 horas. A CIG-Saúde denuncia que isto está a limitar a súa dispoñibilidade para atender urxencias nas que, se cadra, non se evitaría un fatal desenlace pero para as que si se porían ao alcance todos os medios dispoñíbeis. Segundo persoal do propio 061, o recorte da operatividade a determinadas horas do día vense repetindo ao longo deste verán para avisos de urxencias como paradas cardíacas, afogamentos ou mesmo no recente accidente do rally de Carral.

Ler máis »

 
Venres, 26 Xuño 2015

A Xunta outorga máis do 50% do concurso de ambulancias a un fondo de capital risco dun exalcalde e exdeputado provincial do PP

O BNG demandará no Parlamento a paralización do concurso e que se analice se a oferta económica garante un servizo de calidade do transporte sanitario urxente en Galiza

Compostela
Laboral FGAMT Nacional BNG ambulancias Parlamento FGAMT-CIG concurso

O representante da FGAMT-CIG, Xabier Aboi, e a deputada do BNG, Montse Pardo, comparecían este venres en rolda de prensa para denunciar as irregularidades no proceso de adxudicación do Servizo de Transporte Sanitario Terrestre Urxente. Un concurso que está xa en fase de adxudicación e que irá a parar, en máis dun 50%, a Ambuibérica, empresa participada maioritariamente por un fondo capital-risco que ten á fronte a un exalcalde e exdeputado provincial do PP en Valladolid.

Ler máis »

 
Martes, 12 Maio 2015

Os traballadores de Ambulancias do Eume acordan suspender as horas extras en protesta polos atrasos salariais

A empresa, que presta o servizo do 061 en Pontedeume, Ares, Mugardos e Monfero, está en concurso de acredores

A Coruña
Laboral FGAMT Ferrol 061 atrasos salariais FGAMT-CIG Ambulancias do Eume transporte sanitario

A FGAMT-CIG compareceu este martes en rolda de prensa para informar da situación laboral que están a padecer os traballadores de Ambulancias do Eume, que presta o servizo do 061 en Pontedeume, Ares, Mugardos e Monfero. O persoal sufre continuos atrasos no cobro dos salarios e nestes momentos a empresa –que está en concurso voluntario de acredores- ten pendente de pagarlle as nóminas de xullo, agosto, setembro e outubro do pasado ano.

 

 

Ler máis »

 
Mércores, 25 Marzo 2015

A Xunta aplica outro recorte na asistencia sanitaria ao limitar a 12 horas a operatividade dos helicópteros do 061

CIG-Saúde denuncia que o Goberno do PP confunde “a eficiencia na xestión dos recursos públicos coa redución dos mesmos”

A Coruña
Social Saúde Nacional CIG-Saúde consellaría de Sanidade emerxencias 061 recortes sanidade pública helicóptero

A CIG-Saúde alerta que, por primeira vez na historia dos helicópteros sanitarios (encargados de actuar en situacións de emerxencias sanitarias) non estarán activos dende a saída do sol até o ocaso, senón que por mor do novo contrato, pasarán a ter unha operatividade de 12 horas, “o que supón unha perda de operatividade para situacións de emerxencias de 394 horas ao ano”. 

Ler máis »

 
Martes, 24 Marzo 2015

Técnicos de emerxencias sanitarias trasládanlle aos grupos parlamentarios a necesidade dunha ambulancia medicalizada no Salnés

As xuntanzas celebráronse en Santiago no marco da campaña da FGAMT-CIG de Pontevedra para esixir maior cobertura no transporte sanitario público

Vigo
Social FGAMT Pontevedra

Técnicos/as de emerxencias sanitarias trasládáronlle hoxe aos catro grupos políticos con representación no Parlamento galego a necesidade de que a comarca do Salnés conte cunha ambulancia medicalizada. As xuntanzas celebráronse hoxe en Santiago de Compostela no marco da campaña da FGAMT-CIG de Pontevedra para esixir maior cobertura no transporte sanitario público.

Ler máis »

I feel so free!