Buscar novas

Búscao nunha data (escoller mes e ano)
Filtros
Filtros hemeroteca (anterior 2016)

 

O TSXG da a razón a CIG-Saúde e anula a mobilidade interna voluntaria de persoal non sanitario de 2019

Nacional
061 sentenza Tribunal Superior de Xustiza de Galiza TSXG

A Fundación Pública “Urxencias Sanitarias de  Galicia-061”  convocou en 2019 un procedemento de mobilidade voluntaria de persoal  non sanitario fixo na que excluía 2 prazas do grupo administrativo da función administrativa:  a da secretaría de  Xerencia e a  da secretaría de Dirección de Xestión e Servizos Xerais.  A CIG-Saúde presentou recurso de alzada contra esta convocatoria ao considerar que non se podían excluír as prazas xa que eran de carácter básico. 

Ler máis »

 

Sanidade non garante o pago de salarios do persoal de Ambulancias do Atlántico, que irá á folga

A empresa concesionaria do 061 en Vigo, Cangas e Moaña renuncia aos contratos coa Administración e anuncia a súa intención de entrar en concurso de acredores
Vigo
ambulancias Ambulancias do Atlántico

Na xuntanza mantida o pasado venres entre altos cargos da Consellería, Sergas e 061 coa representación do comité de folga da CIG, CCOO e USO non se garantiu o abono dos salarios pendentes ao persoal de Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo de transporte urxente en Vigo, Cangas e Moaña e do non urxente en toda a área sanitaria. En consecuencia, o persoal manterá as dúas xornadas de folga previstas para os días 2 e 3 de maio se antes deste mércores día 1 non perciben os soldos que se lles adebedan.

Ler máis »

 

O persoal de Ambulancias Casablanca acorda iniciar mobilizacións ante o deterioro das condicións de traballo

Denuncian os incumprimentos da empresa, despedimentos e presións
Compostela
ambulancias ambulancias do Cantábrico Casablanca

Os traballadores de Ambulancias Casablanca, SL decidiron en asemblea iniciar mobilizacións ante os sucesivos incumprimentos e deterioro das condicións de traballo nesta empresa. As datas concretaranse nos vindeiros días, pero xa advirten que “rematarán na convocatoria dunha folga e mobilizacións en toda a UTE se non se soluciona este conflito”.

Ler máis »

 

A CIG-Saúde denuncia o incumprimento, unha vez mais, do contrato de servizo de transporte sanitario aéreo do 061

O helicóptero con base en Santiago estará inoperativo do 15 ao 19 de abril
Nacional
central de emerxencias 112 emerxencias 061 urxencias sanitarias helicóptero

A CIG-Saúde vén de denunciar que o helicóptero medicalizado con base en Santiago H3 está inoperante dende onte luns 15 de abril, ás 13:00 horas, e que non se agarda que volva estar operativo até o venres día 19 deste mes. Aínda que os pregos do servizo establecen que a empresa adxudicataria debe dispor dun aparello de substitución, ELIANCE HELICOPTER GLOBAL SERVICES, S.L.  non vai cumprir está cláusula dos pregos.

Ler máis »

 

A CIG denuncia que Lucus Logística aínda non abonou a nómina de marzo ao seu persoal

Lugo
061 ambulancias FGAMT-CIG transporte sanitario

A CIG denuncia que a empresa Lucus Logística SL, que se encarga da xestión das bases de ambulancias do servizo de transporte urxente do 061 das localidades de Navia de Suarna, Palas de Rei, Guitiriz, Sarria, Becerreá e Pedrafita do Cebreiro non lles abonou aínda aos seus 50 traballadores e traballadoras  a nómina do mes de marzo.

Ler máis »

 
Mércores, 7 Abril 2010

Folga indefinida en Servizos Sanitarios Santos para reclamar ao empresario que garanta o cobro dos salarios

A empresa cubre o servizo de emerxencias do 061 e dos transportes programados na área de Redondela

A Coruña
Laboral FGAMT Vigo Servizos Sanitarios Santos Redondela FGAMT-CIG ambulancias SERGAS folga UTE
Os traballadores/as de Servizos Sanitarios Santos, con base en Redondela,iniciaron este mércores unha folga indefinida para esixir garantías do cobro dos salarios, xa que a empresa remitiu hai unhas semanas ao Comité un escrito comunicando que non vai poder facer fronte ao pago das nóminas. O persoal, que o xoves 8 de abril vai desenvolver unha concentración diante do Sergas, tamén reclama a apertura dunha mesa de negociación para acadar compromisos de cumprimento do convenio colectivo e corrixir as deficiencias en materia de seguridade e saúde laboral.

Ler máis »

 
Martes, 9 Febreiro 2010

A FGAMT denuncia un novo caso de persecución contra traballadores afiliados á CIG en Ambulancias do Eume

O acoso por parte do empresario chegou até tal punto que tres operarios tiveron que coller unha baixa psiquiátrica

A Coruña
Laboral FGAMT Ferrol FGAMT-CIG CIG-Transportes ambulancias Ferrol persecución acoso laboral Ambulancias do Eume
A sección de Transportes da FGAMT-CIG denunciaba na mañá deste martes un novo caso de persecución contra traballadores afiliados á esta central. Nesta ocasión trátase da empresa Ambulancias do Eume (Pontedeume), na que tres operarios se atopan de baixa psiquiátrica debido ao acoso ao que se vén sometidos por parte do empresario, contra o que a CIG presentará unha querela criminal por coaccións, lesións e atentado contra os dereitos dos traballadores. De igual xeito, vaise realizar unha demanda de tutela de liberdade sindical por ameazas, xa que o empresario coaccionou aos traballadores co obxecto de revogar ao único delegado de persoal (afiliado á CIG).

Ler máis »

 
Xoves, 26 Febreiro 2009

Os bombeiros piden un sistema público de emerxencias que evite a precarización laboral e garanta a cobertura en todo o País

Arredor duns 80 profesionais participaron nunha concentración diante da Dirección Xeral de Protección Civil

Compostela
Laboral Nacional concentración Bombeiros Protección Civil emerxencias consorcio provincial

Arredor duns 80 bombeiros procedentes de todo o País participaron nunha concentración diante da Dirección Xeral de Protección Civil para demandar un servizo público galego de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento que garanta un servizo de cualidade para toda a cidadanía e remate coa precarización laboral neste ámbito.

Ler máis »

 
Mércores, 27 Agosto 2008

Tráfico poderá seguir multando os condutores do 061

A Consellaría de Sanidade mantén na indefensión os choferes deste servizo de urxencias

A Coruña
Laboral FGAMT Nacional fgamt consellaría de Sanidade ambulancias 061 multas DGT
Os axentes da Garda Civil de Tráfico poderán seguir multando os condutores das ambulancias do 061. A Consellaría de Sanidade, organismo do que depende o servizo “Urxencias Sanitarias de Galicia-061”, permanece indiferente e non realiza as xestións oportunas perante a “Dirección General de Tráfico” para evitar que estes traballadores sexan sancionados no desempeño diario da súa profesión.

Ler máis »

 
Venres, 25 Abril 2008

Os empregados da Cruz Vermella recollerán sinaturas de apoio as súas reivindicacións

PRECARIEDADE LABORAL

A Coruña
Laboral Banca A Coruña convenio negociación cruz vermella A Coruña
O comité de empresa provincial da Cruz Vermella de A Coruña iniciará unha campaña de recollida de sinaturas entre a cidadanía para apoiar as súas reivindicacións. Pola súa banda, a dirección desta ONG segue a amosar unha vontade escasa para negociar o convenio colectivo. Mentres, a precariedade salarial do cadro de persoal continua.

Ler máis »

I feel so free!